CRTVG

Buscar

Aumentan os casos en Madrid e Euskadi e estabilízanse en Aragón e Cataluña

Publicado o 13/08/2020 14:39

A día de hoxe hai activos 675 focos en toda España. Soben considerablemente os contaxios en Madrid e Euskadi, mentres comezan a estabilizarse en Aragón e Cataluña. As residencias da terceira idade volven ser importantes focos de infección.

Empeora a situación epidemiolóxica en Madrid. A comunidade duplicou nun día o número de contaxiados. Nas últimas 24 horas notificou 654 novos positivos e cinco novos gromos, o que eleva a 24 os focos na comunidade. O 58% dos contaxiados son menores de 40 anos e un 70%, asintomáticos.

O conselleiro facía estas declaracións durante a visita ás obras do Hospital de Emerxencias Isabel Zendal, que se está a construír en Valdebebas, que acollerá pacientes Covid e emerxencias sanitarias.

En Aragón continúan coa montaxe do hospital de campaña no Clínico de Zaragoza, mentres mellora a situación. Aínda así, nas últimas horas notificou 314 novos casos.

Tamén en Cataluña dan por estabilizada a curva de contaxios, con cifras, con todo, aínda moi elevadas.

Nunha residencia de Mataró, en Barcelona, detectábase nos últimos días un gromo cunha trintena de contaxiados, 21 residentes e 11 traballadores.

O centro xa estaba pechado e tiña estritas medidas de seguridade, segundo contan os traballadores.

Todos os positivos descubríronse a consecuencia do contaxio dunha das residentes que sae semanalmente ao hospital.

Os datos da situación epidemiolóxica en Euskadi son alarmantes. Acaba de informar de 569 novos casos, cifra que non se alcanzaba desde marzo. Preocupan os contaxios que se están rexistrando nas residencias. Nesta de Zamudio, en Biscaia, deron positivo 18 usuarios.

Dispáranse os contaxios en Andalucía. 422 novos contaxios e dous mortos desde onte. Hai 133 hospitalizados, 26 na UCI. Tamén aumentan en Castela e León, máis de 200 positivos novos e en Cantabria catro gromos máis.

 

Noticias web

13/08/2020