CRTVG

Buscar

Aumentan os casos de coronavirus en menores de 29 anos

Publicado o 03/08/2020 15:41

Os datos son claros, e nestes momentos o grupo de idade entre os 15 e os 29 anos é o mais afectado pola covid-19 con moita diferenza. Esta tendencia vai á alza e no mes de xullo un de cada tres contaxios foron menores de 29 anos.

Ante isto, os sanitarios lembran que non se baixe a garda e que se eviten comportamentos irresponsables. Este tipo de comportamentos, a relaxación no cumprimento das medidas ou a pouca prevención, son as distintas causas polas que os mozos están comezando a ser os principais contaxiados no noso país.

Desde o pasado dez de maio rexistraronse case 12.000 positivos entre os 15 e os 29 anos de idade, e 4.138 casos en menores de 15 anos. De todos eles 327 foron hospitalizados, 21 na UCI.  Polo momento, en Galicia non se produciron ingresos de persoas nesta franxa de idade.

As cifras falan por si mesmas. A idade media dos novos contaxiados nas últimas tres semanas apenas supera os 36 anos, fronte aos 63 dos meses de marzo e abril.

Noticias web

03/08/2020