CRTVG

Buscar

Aumentan en Galicia os casos positivos detectados en escolas pero descenden as aulas pechadas

Publicado o 03/10/2020 13:41

Seguen subindo os casos de covid-19 nos centros educativos galegos pero descenden as aulas pechadas, segundo informou o Sergas. Son 375 os positivos detectados, 14 máis que o venres e 28 as aulas pechadas pola covid-19.

O repartimento por áreas é o seguinte:

• Ourense 102 (+10)

 A Coruña 76 (+9)

• Pontevedra 51 (+1)

• Lugo 49 (+2)

• Santiago 43 (-7)

• Vigo 43 (-3)

• Ferrol 11 (+2)

No tocante ás aulas, abren catro que estaban pechadasEsta é a distribución por áreas:

• Vigo 12 (-3)

• Ourense 7 (=)

• Pontevedra 4 (=)

• Santiago 3 (=)

• Lugo 2 (=)

• A Coruña 0 (-1)

• Ferrol 0 (=)