CRTVG

Buscar

Aumentan as vendas do Mel de Galicia

Publicado o 15/06/2020 20:48

Co confinamento medraron as vendas do Mel de Galicia. En marzo, un 50 por cento máis ca o mesmo mes do ano pasado. Foron as grandes envasadoras que distribúen principalmente en Madrid e Barcelona as que máis se beneficiaron.

No caso dos medianos e pequenos produtores coma Jonny Pérez, que ten 400 colmeas, foi coa apertura dos mercados de proximidade e feiras cando comezan a notar un incremento das vendas.

Entre todo mel amparado baixo un selo calidade de todo o Estado, Mel de Galicia supón o 60 por cento.

Noticias web

15/06/2020