CRTVG

Buscar

Aumentan as vendas de colchóns e cociñas

Publicado o 03/06/2020 16:26

Segundo fomos pasando do confinamento ás distintas fases da desescalada, os produtos de consumo tamén foron ambiando. A piques xa de achegarnos á terceira fase, ademais de en bicicletas e piscinas, gastamos, por exemplo, en cociñas e, sobre todo, en colchóns. 

Os colchóns vellos comezaron a aparecer na rúa xa no confinamento. Agora nalgúns concellos xa hai listas de espera para recollelos. Os porqués non están tan claros, pero a venda de colchóns disparouse. Nalgunhas marcas en liña fálase dunha aumento ata dun 75%. Pero tamén nas tendas as vendas aumentaron.

Non só mercamos máis, senón que mercamos máis caro. Os cliente buscan colchóns de alta gama. 
Pero non só colchons e sofás, tamén as reformas e instalacións de cociñas aumentaron. Nesta empresa, durante o confinamento, teletraballaron e mesmo captaron clientes novos. Desde que abriron a enda teñen máis actividade que antes da crise non só en cociñas novas, senón en reformas.
Neste momento, nesta tenda teñen abertos máis de trinta proxectos de cociñas de media e alta gama. Parece que a casa se está reinventando. 

 

Noticias web

03/06/2020