CRTVG

Buscar

Aumentan a 14 os casos relacionados co gromo familiar rexistrado en Viana do Bolo

Publicado o 20/08/2020 17:16
Aumentan a 14 os casos relacionados co gromo familiar rexistrado en Viana do Bolo

Segundo informou a área sanitaria de Ourense, os casos activos de covid-19 detectados en relación cun gromo familiar no municipio ourensán de Viana do Bolo aumentan a 14 tras o positivo dun mozo de 16 anos de idade.

O novo positivo rexistrouse despois de "completar o estudo, identificación e control de contactos dos afectados e a realización de probas PCR correspondentes".

Polo tanto, as mesmas fontes indicaron que este gromo afecta 14 pacientes na actualidade, que se atopan nos seus domicilios en situación de illamento, con seguimento telefónico e a través da plataforma Telea, ademais de controlados e monitorados por profesionais sanitarios do seu centro de saúde.