CRTVG

Buscar

Aumenta o uso da bicicleta no desconfinamento

Publicado o 26/05/2020 20:33

A nova campaña da DXT recolle un feito que se ve nas rúas, sobre todo nas das cidades que pechan carrís ao tráfico de motor. Está constatado que as bicicletas se levan ben cos tempos de crise e tamén de pandemia.

Nos negocios falan dun aumento espectacular das vendas e das reparacións neste desconfinamento. Os modelos eléctricos son os máis demandados, pero hai bicis para todos.

Xa sabiamos que as bicicletas son aliadas da boa saúde das persoas e do planeta, agora cun motivo engadido: como medio de transporte que permite gardar a distancia de seguridade.

Noticias web

26/05/2020