CRTVG

Buscar

O paro sobe en case 100.000 persoas en outubro, 7.300 en Galicia

Publicado o 05/11/2019 14:48

O paro non subía tanto nun mes de outubro dende 2012. Hai case 98.000 desempregados máis rexistrados, un incremento superior aos tres puntos que deixa o total de parados en 3.177.659. Son 77.000 menos ca hai un ano.

Van tres meses seguidos con subas do paro pero, con todo, en outubro aumentou tamén a poboación activa e creouse emprego, co segundo mellor dato para este mes: 106.000 afiliados máis, sobre todo na Educación, que aínda arrastra as contratacións do principio de curso. Os ocupados soben ata os 19,4 millóns.

Por comunidades, o paro subiu en todas agás en Valencia. En Galicia outubro deixa 7.323 desempregados máis. É unha suba dun 4,66 que deixa o total de parados inscritos en 164.307.

No último ano o paro baixou en máis de 5.400 persoas en Galicia, máis dun 3%. E hai algo máis de 1.027.000 cotizantes. Destruíronse 2.000 empregos en outubro, pero a comparativa anual é positiva con 14.200 ocupados máis.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí