CRTVG

Buscar

Aumenta o alugueiro de furgonetas de transporte

Publicado o 08/06/2020 16:28

As empresas de alugueiro de vehículos notan unha repunta no alugueiro de furgonetas. Mundanzas de estudiantes, viaxes a segundas residencias ou o aumento da paquetería son algunhas das razóns.

Achegámonos a dúas empresas de vehículos de alugueiro de Compostela. Entramos na fase 3 e iso fai que nas últimas horas as chamadas aumentaran. Pero xa na última semana notaron que os clientes pedían sobre todo un tipo de vehículo.

Na empresa de Adriana teñen alugadas ata o 80% das furgontes das que dispoñen. E non son os únicos que o notaron. Ademais dos clientes particulares, tamén as empresas de transporte de mercadoría solicitaron este tipo de vehículos xa desde o mes de abril.

Non obstante, para noutras empresas, os alugueiros a nivel particular manteñen o mesmo volume que noutros anos.

As empresas agardan poder marter este incremento, pero temen que a falla de turistas e peregrinos se acabe por notar no sector. 

 

Noticias web

08/06/2020