CRTVG

Buscar

Aumenta a implicación dos alumnos na loita contra a violencia nas aulas

Publicado o 10/01/2020 14:55

Arredor de oito de cada dez familias perciben un bo clima escolar e están satisfeitas cos centros de ensino, segundo a macroenquisa que presentou a conselleira de Educación aos membros do Consello para a Convivencia Escolar de Galicia. Ademais, o 70% dos alumnos implícanse na loita contra a violencia nas aulas.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "Estamos a falar de que un tanto por cento moi elevado do alumnado é proactivo á hora de detectar e informar sobre actitudes relacionadas co conflito ou a violencia. E non só os alumnos, tamén os centros educativos".

E esta implicación e unha información temperá cando se detecte algún indicio de violencia son fundamentais á hora de loitar contra o acoso.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "Moitas veces, o feito de ser espectador pasivo dunha situación deste tipo, ao final, reforza e mantén esta conduta no tempo".

A macroenquisa fíxose entre a comunidade educativa a partir de quinto de primaria, incluídos bacharelato e FP, e é unha ferramenta para definir as estratexias dos plans de convivencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020