Aumenta a demanda e produción de leite ecolóxico en Galicia
José Antonio guía as vacas polo prado como fai todos os días dende que cambiou ao leite ecolóxico. Menos traballo, menos gasto en insumos ou máis lonxevidade das vacas levárono a dar o paso. Pero, sobre todo, motivouno a diferencia de prezo. Un gandeiro ecolóxico pode cobrar ata 20 céntimos máis por litro que un convencional. Iso si, a produción é moito menor porque cada vaca da uns quince litros fronte os 40 do intensivo. O éxito deste modelo tamén garante o relevo xeracional.
José A. López, produtor de leite ecolóxico: "Cando empecei tiña dúbidas porque estaba afeito a outros métodos e a máis produción. Pero, visto o visto, quedo con isto".
Luis López, futuro gandeiro: "Eu quero seguir con este sistema. O convencional non me convence. O futuro é ecolóxico 100%".
Aínda que a demanda de leite ecolóxico sobe cada ano arredor dun 15% os prezos mantéñense elevados pola alta calidade dun produto cuns métodos de traballo moi rigorosos.
Xan Pouliquen, asesor de ganderías ecolóxicas: "Temos un produto que non leva química en ningún momento do proceso e tampouco xenera residuos químicos. Polo tanto, é máis saudable."
O 80% dos galegos consumen produtos ecolóxicos ao longo do ano e Galicia lider a produción en sectores como o leite, a castaña ou os cogomelos.