CRTVG

Buscar

Atraso na tramitación do ingreso mínimo vital: só se aprobou o 1% das solicitudes

Publicado o 19/08/2020 14:56
Atraso na tramitación do ingreso mínimo vital: só se aprobou o 1% das solicitudes

Atraso importante na tramitación do ingreso mínimo vital. O Goberno recoñece que só se aprobaron unhas 4.000 solicitudes das 700.000 que se presentaron dende que se abriu o prazo en xuño. Isto é, só o 1% do total.

Os sindicatos critican que non se reforce o cadro de persoal da Seguridade Social, que asume a carga de tramitar esta renda.

O ministro do ramo apunta outra causa: as primeiras solicitudes en presentarse teñen moitos erros na documentación que hai que resolver.

Noticias web

19/08/2020