CRTVG

Buscar

Atopan unha cadela de tres meses coas orellas cortadas en Ourense

Publicado o 15/12/2019 21:07

Con varios cortes e aínda sangrando así atopou unha familia de Ourense a esta cadeliña que abandonaron ferida na rúa. Na protectorade animais fixéronse cargo dela, non puideron salvarlle as orellas, pero xa está recuperándose.

Progape Ourense denunciou este caso de maltrato animal perante o Seprona, que trata de dar co autor desta agresión. Este é o segundo caso que denuncia estes días na cidade. As protectoras e grupos animalistas piden que se endurezan as penas por maltrato animal.

Tamén en Ourense, no barrio do Pino os veciños atoparon de novo trozos de carne con alfinetes dentro, no entorno da estacion de autobuses.

A cadeliña, un cruce de pastor alemán de tres meses recupérase agora nas instalacións da canceira municipal. Pero nuns días xa vai coñecer a súa nova casa, esta mañá unha parella ao saber o que lle acontecera decidiu adoptala.

Noticias web

15/12/2019