CRTVG

Buscar

Atopan un xacemento en Vilachá de Salvadur, en plena Ribeira Sacra

Publicado o 31/07/2020 17:07

Os nomes dos lugares agochan a súa historia, e nesta paraxe do Sil, chamada Os Conventos, iso foi o que atoparon: o ano pasado, na primeira escavación atoparon un enterramento cunha caveira e unhas tibias do século X, e estes días puideron confirmar que non era o único.

Un espazo porobablemente ocupado por un eremita antes do século X, que despois se converteu no convento de San Martiño de Piñeira, desde onde a igrexa a economía da zona.

Este xacemento forma parte do proxecto Adegas da Memoria para a recuperación da historia das xentes da Ribeira Sacra.

Coa axuda dos veciños xa están a planificar novas escavacións para o ano que vén.

Noticias web

31/07/2020