CRTVG

Buscar

Identificado o cadáver que apreceu flotando no río Sisalde, en Arteixo

Publicado o 25/09/2020 15:19

Xa foi identificado o corpo que apareceu aboiando nas últimas horas no río Sisalde, en Arteixo.

Trátase dun veciño dese concello coruñés de 83 anos. As primeiras investigacións apuntan a que a morte non se debeu a causas violentas, pero será o resultado da autopsia o que permitirá confirmalo.

Uns veciños que paseaban pola zona, preto da depuradora, foron os que avisaron o 112 contra as cinco e media da tarde do xoves.

Os servizos de emerxencia tardaron varias horas en poder retirar o corpo porque non era doado acceder á zona en que estaba.