CRTVG

Buscar

Atopan restos humanos no lugar onde se perdeu o avión chileno con 38 persoas

Publicado o 12/12/2019 08:32

O gobernador da rexión chilena de Magallanes informou onte de que encontraron restos humanos na zona onde se perdeu o contacto co avión desaparecido o luns.

O avión militar, un Hércules C-130, partiu de Punta Arenas, Chile, con 38 persoas a bordo rumbo á Antártida. A aeronava traballaba como apoio loxístico na base Presidente Eduardo Frei Montalva. Desapareceu no axitado mar Drake. Alí encontraron restos humanos pouco despois de que a Forza Aérea de Chile informara de que viran restos de esponxa pertencentes a partes do avión flotando na mesma zona.

Os traballos de busca foron complicados polas condicións difíciles da zona e porque non se activou o transmisor de localización de emerxencia do aparello sinistrado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019