CRTVG

Buscar

Atopan o pantalón e o teléfono móbil do desaparecido en Ons

Publicado o 12/02/2020 20:52

O dispositivo de busca do mariñeiro desaparecido ao norte da illa de Ons suspendeuse ata primeira hora do xoves. A xornada foi infrutuosa e só localizaron o pantalón do desaparecido onde estaba o seu teléfono móbil. Nesta xornada sumáronse mergulladores da Garda Civil e submarinistas voluntarios da Illa de Arousa, e tamén membros de Protección Civil de Sanxenxo e do Grove.

Participaron, igualmente, no operativo os barcos Sar Gavia, Salvamar Sargadelos, Salvamar Mirach, Punta Falcoeira e a auxiliar Irmáns García Nodal, o remolcador Mahón da Armada e o helicóptero Helimer. A este operativo uníronse tamén numerosos barcos de pesca da zona da Illa, de onde era natural o desaparecido e mais os dous tripulantes que se salvaron.

A última hora da tarde chegaron ata o porto de Pedras Negras, no Grove, amigos e familiares de Iván Otero, máis coñecido como Harri. Non dubidaron en somerxerse na súa busca. Os seus rostros eran de total consternación tras chegar a terra e marchar ás súas casas. Os medios desprazados atoparon mellores condicións para traballar, aínda que continuaba o mar de fondo.

Noticias web

12/02/2020