CRTVG

Buscar

Atopan o corpo dun home nunha ruta de sendeirismo do concello de Baleira

Publicado o 10/09/2020 09:30

Atopan o cadáver dun home nunha ruta de sendeirismo do concello de Baleira. Investígase que lle puido pasar, pero semella que o corpo non presentaba signos de violencia. O falecido, un lucense de 52 anos, saíra a pasear pola zona da Marronda; ao ver a súa tardanza en volver á casa, a familia denunciou a súa desaparición. A Garda Civil deu con el, poucas horas despois, con este tráxico desenlace.

Noticias web

10/09/2020

Máis sobre Baleira