Atopan no río o corpo do octoxenario desaparecido hai unha semana no Páramo
Publicado o 21/04/2020 22:11

Atopan no río o corpo do octoxenario desaparecido hai unha semana no concello do Páramo. Protección civil e a Garda civil localizaron o cadáver dende unha embarcación arredor das sete da tarde. O falecido, veciño de Quintela de San Vicente, faltaba da casa dende o pasado 14 de abril.
O octoxenario desaparecido, José V.C., veciñoo de Quintela de San Vicente, saíu sobre as 16,00 horas do pasado martes 14 de abril a pasear na contorna da súa vivenda. Foi a súa muller a que alertou de que non regresaba.