CRTVG

Buscar

Atopan morto na súa casa un veciño de Redondela que podía levar días sen vida

Publicado o 13/05/2019 14:26

A policía localizou o cadáver dun home de 43 anos na súa casa de Chapela, en Redondela. Todo apunta que levaba varios días morto.

Os veciños do inmoble alertaron os servizos de urxencia, despois de detectar un forte cheiro que procedía da vivenda, e tamén porque había días que non vían o falecido. Axentes da Policía Nacional e Local trasladáronse ata o domicilio, situado na avenida de Vigo, e atopárono morto nunha das estancias.

Trátase dun home natural de Murcia, que levaba preto dun ano residindo en Chapela. Fontes da investigación apuntan a que puido falecer por causas naturais.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019