CRTVG

Buscar

Atopan nunha casa de Ferrol o cadáver dunha muller que podería levar morta un mes

Publicado o 21/12/2019 10:06

Os bombeiros de Ferrol localizaron o cadáver da muller no cuarto andar deste edificio da rúa Riego, no barrio de Canido de Ferrol. Foron os veciños os que deron a voz de alarma porque levaban semanas sen ver a muller e polo cheiro que saía da vivenda. O corpo, en avanzado estado de descomposición podería levar alí máis dun mes. Todo apunta a que se trata da muller, duns 75 anos, que vivía soa na vivenda e sospeitase que a morte puide deberse a causas naturais.

Debido ao estado en que se atopou o corpo, foi necesario realizarlle probas para certificar a súa identidade. Mentres non se coñezan os resultados, o cadáver permanece no tanatorio do hospital de Caranza.


 

Noticias web

21/12/2019