CRTVG

Buscar

Aparece morto en Lousame o home de 83 anos desaparecido en Boiro

Publicado o 01/05/2020 21:41
Aparece morto en Lousame o home de 83 anos desaparecido en Boiro

Os servizos de emerxencias e os seus veciños localizaron o venres a varios quilómetros da súa casa o cadáver do octoxenario que desaparecera o xoves en Boiro. A súa busca prolongouse durante varias horas, xa que se trataba dunha zona de acceso difícil e con visibilidade escasa.

A Garda Civil solicitou a colaboración do equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias. Deste xeito, en colaboración coa Unidade Pegaso da Garda Civil da Coruña, uníronse ao operativo para tratar de localizar ao desaparecido.