CRTVG

Buscar

Atopan en bo estado a muller desaparecida na Coruña hai tres semanas

Publicado o 22/10/2019 14:33

Localizan en bo estado a muller de 34 anos que desaparecera na Coruña o día 1 de outubro. Rocío Hernández Dual saíra pola tarde da súa casa do barrio das Xubias cara á da súa nai, na rolda de Outeiro, como acostumaba facer acotío, pero alí xa non chegou.

Agora, despois de tres semanas sen ter noticias dela, as autoridades confirmaron que apareceu en bo estado e agradecen o apoio e mais a colaboración da cidadanía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019