CRTVG

Buscar

Atopan 40 quilos de residuos plásticos no estómago dunha balea

Publicado o 18/03/2019 21:29

Ata 40 quilos de residuos plásticos atoparon no estómago dunha balea que apareceu varada nunha praia de Manibi, no sueste das Filipinas. Dentro deste exemplar novo de zifio ou baleato de Cuvier, había plásticos de todo tipo: lonas, bolsas de supermercado, envoltorios de cereais ou de froita.

É a maior cantidade de plástico atopada nunha necropsia realizada a unha balea, segundo revelaron tras a autopsia os especialistas da Oficina de Pesca e Recursos Acuáticos da provincia en que apareceu. Afirman que, na última década, a maioría das baleas e golfiños examinados, morreron polo lixo plástico que inxeriron.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019