Atopan con signos de hipotermia a desaparecida en Ordes
Publicado o 17/11/2019 14:14
Atopada en bo estado a muller desaparecida no concello coruñés de Ordes. Levaba en paradoiro descoñecido dende onte ao mediodía, cando foi vista preguntando por unha parada de autobús para dirixirse supostamente cara a Ourense.
A moza, foi localizada polo operativo de busca na parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos, preto de onde foi vista por última vez, despois de pasar toda a noite acubillada no monte. Presentaba un cadro de desorientación e indicios de hipotermia. Foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario de Santiago.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
14/12/2019 20:52