CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Atopa 700 euros na rúa e devólvellos ao seu dono

Publicado o 08/06/2018 21:16



Comezou como un auténtico pesadelo. Un home levaba o soldo que acababa de cobrar no pantalón. Non sabe como ocorreu, pero perdeu os cartos no camiño. O home estaba desesperado, pero a boa fe dunha moza acabou por darlle un final inesperado a esta historia.

José acababa de cobrar o soldo e gardou os cartos no pantalón. Cando ía de camiño ao banco decatouse que os perdera.

Maite camiñaba pola zona onde José perdera os cartos e deu cunha bolsa que lle chamou a atención.

En canto José foi consciente da perda decidiu comezar a busca.
INSERTO; JOSÉ.. CARTEIS
Maite volveu ao lugar onde atopara os cartos e deu cos carteis que colocara José. Chamouno por teléfono, pero antes de devolverllos quixo comprobar que eran seus

Quedaron pouco despois. Maite entregoulle os 700 euros e el gratificouna polo xesto que tivo e que lle permitiu recuperar o soldo do mes

Telexornal Serán

08/06/2018