CRTVG

Buscar

Ata o 3 de maio para presentar ofertas ás novas concesións de transporte público

Publicado o 05/04/2019 16:18

O prazo para que as empresas presenten as súas ofertas ás novas concesións de transporte público rematará o 3 de maio, co obxectivo de que os contratos entren en vigor en agosto. Segundo a Xunta, case 2.000 novas liñas de autobús percorrerán uns 30 millóns de quilómetros cada ano e levarán os autocares onde antes non chegaban. Duplicaranse as rutas que inclúen servizos baixo demanda e o 37 % das liñas será de bus compartido entre escolares e outros usuarios.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Creo que é unha oportunidade para modernizar todo o transporte de Galicia, para ofrecer máis e mellores servizos, apostando por esas dúas modalidades que tan boa resposta tiveron en 2017, como o bus compartido e o transporte a demanda".

A licitación inclúe os servizos urbanos dos concellos de Ferrol e Pontevedra. A Xunta repercutirá parte dos gastos a eses municipios a través do Fondo de Cooperación Local.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Repercutirá os custos do transporte público urbano que estará a realizar a Xunta de Galicia porque os concellos de Ferrol e Pontevedra non o prestan".

Os usuarios poderán acceder a bonos mensuais de ata 50 viaxes cun desconto do 50% e un prezo mínimo de 50 euros por bono e mes. Tamén haberá bonos mensuais para a realización de ata 100 viaxes, cun desconto do 70% en cada un deles e un prezo mínimo de 75 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/04/2019