CRTVG

Buscar

Ata 42 persoas afectadas en Sevilla polo virus do Nilo, que tamén se detectou en cabalos

Publicado o 24/08/2020 15:20

Un dos últimos hospitalizados é un veciño de Los Palacios y Villafranca. Trátase do primeiro caso fóra dos concellos de Coria e La Puebla del Río, as dúas localidades onde se localizaba o gromo ata o momento.

En total, hai 42 casos entre sospeitosos e confirmados. 18 persoas están hospitalizadas, oito na unidade de coidados intensivos.

A enfermidade tamén se detectou en 19 cabalos: doce en Sevilla, cinco en Huelva e dous en Cádiz. Os epidemiólogos aseguran que os animais infectados non transmiten o virus a outros cabalos.

Os expertos consideran que o aumento dun 30% dos mosquitos nas zonas húmidas do parque de Doñana e do río Guadalquivir provocou o que xa é o maior gromo de virus do Nilo rexistrado en Andalucía.

Noticias web

24/08/2020