CRTVG

Buscar

Ata 200.000 euros de multa por apañar musgo do monte

Publicado o 05/12/2019 20:09


O musgo crece abundante nas zonas sombrías e húmidas dos nosos bosques, pero iso non lle resta singularidade. Distintas variedades están incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, polo que a súa extracción podería implicar unha infracción grave, segundo a Lei de montes. Máis grave aínda se o collemos en espazos protexidos.

Rafael Cudeiro, axente medioambiental: "Sancións hai varias e contundentes, que poden ir dos 100.000 aos 200.000 euros se se recolle o musgo nun parque natural ou Rede Natura, como sería o Canón do Sil ou o Parque do Xurés".

Máis alá da sanción, os biólogos advirten tamén do dano ecolóxico.

Ángel Dorrío, Biólogo de Amigos da Terra: "Son capaces de reter a auga, ata un 20 por cento do seu propio peso. Son refuxio de animais, pequenos invertebrados, insectos e ata pequenos anfibios... e tamén favorece a formación de chan".

E os belenistas, que opinan? Pois Emilo Cid, que usa musgo no seu belén monumental, propón alternativas: desde paisaxes áridas, máis fieis á realidade da antiga Xudea, a musgo artitificial ou reciclado: "O musgo recícloo dun ano para outro, a maioría, e o que non reciclo trato de compralo, cólloo en viveiros. Normalmente é o que fago".

E o mesmo para outras especies de Nadal coma o acivro ou o teixo.

Noticias web

05/12/2019