Ata 12.000 profesionais da medicina de todo o mundo asisten á retransmisión dunha operación desde Vigo
Publicado o 24/01/2020 10:30
Gravaron a operación e emitírona ás catro da tarde a través da prestixiosa canle cirúrxica AIS Chanel, con audiencia en todo o mundo. Na retransmisión conectáronse ata 12.000 cirurxiáns de todos os continentes. É a primeira vez que se fai no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
A operación foi unha redución do estómago. A novidade está en que se realizou a través do embigo e que non deixa cicatriz. Os profesionais que estaban conectados puideron facer todo tipo de preguntas.
AIS Chanel ten presenza en 184 países. O fundador desta canle, considerada como o Netflix da medicina, é o cirurxián Anonio de Lacy, experto en novas tecnoloxías.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18