CRTVG

Buscar

O paso entre Asturias e Galicia está pechado, pero sen controis

Publicado o 28/10/2020 07:35

Asturias amenceu hoxe coas súas fronteiras pechadas. Salvo causa xustificada, e sen data límite, non se poderá nin entrar nin sair da comunidade veciña.

Este peche de toda a comunidade autónoma engádese ao confinamento parcial de Avilés e as cidades de Oviedo e Xixón.

E é que a situación non é para menos. A conselleira de saúde asturiana informou de que a siutación é crítica. O Hospital Universitario Central de Asturias abrirá unha UCI adicional, que non empregou na primeira onda, e habilita outra planta para covid-19. O número de hospitalizados está a piques de chegar ao máximo de abril en Asturias, 446.

Noticias web

28/10/2020