CRTVG

Buscar

Asturias decreta o peche perimetral do Principado

Publicado o 26/10/2020 21:06

Nun mes a incidencia da covid-19 triplicouse en Asturias. Con esta situación epidemiolóxica o Goberno rexional toma medidas drásticas. Decreta o peche perimetral do Principado. A mobilidade co resto de comunidades quedará restrinxida a partir das doce da noite do mércores.

Asturias pasou de ter a incidencia máis baixa de España a finais de setembro, por baixo dos cen casos por cada cen mil habitantes, a superar agora os 320 casos por cada cen mil habitantes. Ante esta situación epidemiolóxica, o Goberno asturiano toma medidas drásticas: decreta o toque de queda e o peche perimetral do principado.

O toque de queda, que atrasa unha hora a súa entrada con respecto ao establecido polo Goberno central, xa está en vigor. O peche do Principado será efectivo a partir das doce da noite do mércores. Nese momento, só se poderá entrar e saír de Asturias con causa xustificada. Unha restrición que vai ter impacto económico en localidades fronteirizas como Ribadeo.

Ademais do peche ao exterior de Asturias, dentro do Principado, Avilés, Xixón e Oviedo estarán illadas do resto de localidades. As tres principais cidades, onde se concentra o 80 por cento da poboación, están pechadas perimetralmente desde o venres.

Noticias web

26/10/2020