CRTVG

Buscar

AstraZeneca anuncia novas probas coa súa vacina tras detectar erros nos primeiros ensaios

Publicado o 27/11/2020 08:27

Astra Zeneca e a Universidade de Oxford anuncian que van facer un novo ensaio que corrixa ou que ratifique os datos de efectividade da súa vacina que anunciaron estes días. Parece ser que, por un erro, a unha serie de suxeitos inxectóuselles só media dose da vacina, e despois unha dose enteira.

Pois nese grupo a vacina tiña unha eficacia do 90 %, fronte ao 70 dos voluntarios aos que se lles suministraron as dúas doses completas. Como o descubrimento se produciu por un erro na administración da primeira dose, agora os científicos teñen que facer un novo ensaio para comprobar se este descubremento casual resulta ser máis beneficioso do que se esperaba. Ainda que as probas se van facer agora nun número máis reducido de voluntarios, non cabe dúbida de que será un atraso para a posta no mercado desta vacina.

Noticias web

27/11/2020