CRTVG

Buscar

Así vive Ferrol unha Semana Santa diferente

Publicado o 09/04/2020 09:51

Se hai unha cidade galega que hoxe está diferente, esa é, sen dúbida, Ferrol. As perdas pola cancelación da Semana Santa son millonarias. Que non haxa procesións non quere dicir que non se viva a Semana Santa doutra maneira.

César Carreño é o presidente da Xunta Xeral das Confrarías e Irmandades de Ferrol: "Estamos retransmitindo vía Facebook todas as procesións que tiñamos. Levamos máis de 47.000 visuaizacións. Ben, é outro xeito de facelo".

"Tiñamos claro que tiñamos que facer outras cousas, sobre todo para entreter os cativos. No Domingo de Ramos publicamos un titorial para que fosen eles mesmos as palmas e as colocasen nas ventás. Ademais, a partir de hoxe pedidos que coloquen na ventá unha vela en recordo dos días grandes da Semana Santa".

Noticias web

09/04/2020