CRTVG

Buscar

Pubs e discotecas prepáranse para abrir: así será o novo ocio nocturno

Publicado o 12/06/2020 14:57

Como será o novo ocio nocturno unha vez que, segundo o previsto, o vindeiro 1 de xullo os pubs e discotecas reabran as súas portas?

Moitos locais aproveitan este tempo para facer reformas e para estudar como establecer a nova normalidade a ambos lados das barras. Para empregados aplicaranse controis de temperatura e os útiles deberán lavarse a 80 graos. Nos locais deberá haber botes de xel a disposición dos clientes, que terán que manter distancia mentres gardan cola nos accesos. E para todos, máscara.

Como primeiro avance, os locais de ocio nocturno que dispoñan de terraza poderán facer uso dela en canto o DOG publique o encaixe legal do permiso para abrila.

Noticias web

12/06/2020