CRTVG

Buscar

Así se viviu o primeiro día de fase 2 en Galicia

Publicado o 25/05/2020 16:21

Xa estabamos case afeitos a vivir nas ventás, e agora os poucos que se asoman contemplan o paulatino regreso á nova normalidade.

Poden ver xente de escaparates, e clientes que que saen de mercar zapatos.

"Si... Ah! Si que a teño. Estaba pensando que deixara a bolsa dentro".

Un descoido pola falta de costume de ir aos comercios camiño á nova normalidade.

"Non estamos coma antes, por suposto. Isto terá que ser pouco a pouco".

De súpeto este luns descubrimos Santiago mudando de fase.

"O movemento na provincia está moito máis claro e para os estudantes dá máis facilidade".
"Desprazámonos con máis seguridade nesta fase 2".
"Teño que ir a Madrid, que estou estudando alí e teño que recoller as cousas do piso porque acabo contrato".

Na rúa, obras en marcha e quietude na librería aberta que atende sobre todo encargas.

"E máis, mesmo recomendamos que non veñan só para pasar o tempo porque é un perigo para todos".

A palabra precaución, tamén no exterior e no interior dos bares.

"Con moito coidado, pero os clientes non me fallaron".
"Agradécese poder almorzar con alguén e non estar soa na casa".

Afacémonos a atopar compaña a distancia ás portas dos bancos.

"A nova normalidade...".
"Esperemos que vaia normalizándose máis a nova normalidade".
"Volver á normalidade, non á nova normalidade".

Aínda non temos claro que sentido leva a nosa marcha cara a unha normalidade.

Noticias web

25/05/2020