CRTVG

Buscar

Así homenaxearon unha enfermeira de Burela que saíu da UCI

Publicado o 16/04/2020 15:26

As sirenas e os aplausos resoaron onte nos exteriores do Hospital da Costa, en Burela. Foi así como membros dos servizos de seguridade e emerxencias quixeron homenaxear a Chelo, a enfermeira que hai uns días se converteu na primeira paciente con coronavirus que saíu da UCI no hospital da Mariña.

Esta homenaxe levouse a cabo ante a fiestra da planta en que agora continúa a súa recuperación para darlle ánimos a ela e tamén ao resto dos sanitarios.

Noticias web

16/04/2020