CRTVG

Buscar

Supermercados, ópticas para casos de urxencia e notarías, con pouca afluencia hoxe en Galicia

Publicado o 16/03/2020 15:50

O decreto que regulamenta o estado de alarma polo coronavirus exceptúa do peche obrigatorio os establecemento de venda de alimentos, bebidas e produtos e bens de primeira necesidade.
A maioría estrean novas normas de seguridade para preservar a saúde de traballadores e clientes.
Como establecementos sanitarios, as ópticas están obrigadas a prestar servizos mínimos de urxencia e previa cita.

As notarías tamén teñen carácter de servizo público, polo que permanecerán abertas para atender casos de forza maior.

Só poderán acceder á notaria os interesados, que deberán empregar medios de autoprotección persoal que garantan a seguridade sanitaria e gardar a distancia de seguridade establecida.

Noticias web

16/03/2020