CRTVG

Buscar

Así funcionan as UCI dos hospitais galegos en plena batalla contra a covid−19

Publicado o 02/11/2020 20:42

Entramos na unidade de críticos do hospital de Ourense. Aquí ingresan os pacientes máis graves infectados polo coronavirus, que precisan soporte respiratorio.

A estadía media dos pacientes de coronavirus na UCI é de tres semanas. Nese tempo sucédense as probas e os controis. Hai tamén momentos de tensión e de certa preocupación nun día a día complicado tamén para o persoal sanitario.

Traballan con EPI e cos seus nomes escritos nos traxes, aquí non hai visitas para os pacientes.

Din que xa non hai un perfil dos pacientes que ingresan na UCI por mor do Coronavirus. Aquí o abano de idades é cada vez máis amplo.

E lembran que cumprir as normas que todos coñecemos pode axudar nunha loita para a que polo de agora non hai descanso.

Noticias web

02/11/2020