CRTVG

Buscar

Yulia e Paul casan en Barro, en pleno confinamento

Publicado o 16/04/2020 14:35

Tiñan previsto casar o luns 13 de abril en Barro, e nin o coronavirus o impediu.

Con luvas e máscaras gardaron o máis posible as distacias, pero houbo momentos nos que foi complicado conterse.

O que non esperaban era recibir o cariño dos compañeiros de Paul, condutor de vehículos sanitarios. Á súa chegada á cerimonia civil atopáronse con este corredor de sirenas de ambulancias.

Naturais do Ecuador e Rusia, Paul e Yulia levan anos vivindo en Galicia. Cunha filla de tres anos, teñen outra en camiño. Un dos motivos para non suspender a voda.

Casaron con só dous convidados e sen a compaña da súa filla. Porén, nin a frialdade da distancia, dunhas luvas e dunhas máscaras puido romper a maxia dun dos momentos máis agardados da súa vida.

Noticias web

16/04/2020