CRTVG

Buscar

Asasina a súa muller diante dos fillos pequenos

Publicado o 20/03/2020 21:35

Sobre as 8 desta mañá, un home asasinou a súa muller diante dos dous fillos menores de idade. O agresor entregouse pouco despois no cuartel da Garda Civil e confesou o crime.

Ela tiña , coma el, 35 anos e nunca o denunciara. É a vítima numero 17 da violencia machista no que vai de ano. O confinamento, a ninguén lle pasa desapercibido, multiplica o risco. Por iso, desde as institucións piden, mais ca nunca, a colaboración cidadá.

"Agora estamos na casa, vemos e oímos cousas que antes non". Así comeza este chío da delegada do Goberno contra a violencia de xénero, Victoria Rosell. "Que elas se sintan acompañadas e os agresores, vixiados", remata.

A ministra de Igualdade, en corentena por coronavirus, lembra que se reforzou a protección para afrontar o risco do illamento, e que o teléfono 016 e o correo electrónico seguen funcionando as 24 horas do día, ininterrompidamente, e en 51 idiomas.

Once menores quedaron orfos como consecuencia dos asasinatos machistas desde que empezou 2020.

O concello de Almassora en Castellón , onde se produciron os feitos, decretou tres días de loito pero non haberá nin minuto de silencio nin concentracións polo estado de alarma.


 

Noticias web

20/03/2020