CRTVG

Buscar

Asaltan unha tenda de telefonía móbil en Lugo

Publicado o 31/01/2020 21:03

Foi un roubo rápido e violento polo regueiro de estragos que deixaron ao seu paso. As cámaras de vixilancia rexistran ata sete asaltantes, todos coa cara e mans tapadas. Rebentaron a persina metálica da porta principal, forzaron a pechadura e, unha vez dentro, roubaron os terminais que xa tiñan preparados para os envíos das vendas online.

Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional  explica que levaron aproximadamente "uns 60 móviles, uns 3000 euros en metálico, máis os danos que provocaron". A valoración dos móviles tena que facer os propietarios, pero, di, superaban os 50.

O botín pode superar os 30.000 euros. Todo apunta a unha banda organizada itinerante.

Nas imaxes pódese ver a seis individuos totalmente tapados, a cara e as mans. Marchan nun par de vehículos do lugar. A primeira hipótese de investigación, aínda que non a única, é que se trata dunha banda itinerante.

Nas últimas horas tamén asaltaron dúas casas desta urbanización. Os ladróns levaron os cartos e as xoias que atoparon.
 

Noticias web

31/01/2020