CRTVG

Buscar

Asaltan unha tenda de telefonía móbil de Ribeira e levan máis de 5.000 euros

Publicado o 05/11/2019 14:31

Os ladróns usaron un anaco de lousa dunha obra próxima para abrir tres buratos no escaparate da tenda de teléfonía móbil. A través deles levaron teléfonos, tabletas, altavoces e outros produtos por valor de máis de 5.000 euros.

Un veciño escoitou ruídos de madrugada e avisou o dono, que ignorou a alerta ao non ver nada nas cámaras de vixilancia e comprobar que non saltara a alarma. Este foi o último dunha serie de roubos que están a afectar os comerciantes da zona nos últimos meses. Nestoutro establecemento de telefonía entraron dúas veces hai uns meses, pero non foi o único que asaltaron nesta zona peonil.

Dende a asociación de empresarios xa se reuniron con responsables da Policía Nacional de Ribeira para tentar mellorar a vixilancia policial nesta céntrica zona.

Noticias web

05/11/2019