CRTVG

Buscar

Asaltan unha librería e un estanco en Santiago

Publicado o 31/12/2019 14:31

O asalto á Libraría Pedreira de Santiago foi obra, supostamente, de dous individuos que na útlima hora do domingo forzaron a persiana do negocio e, despois de racharen o vidro da porta, fuxiron coa caixa que contiña o diñeiro para os cambios.

Segundo o dono, primeiro intentaron abrir o paso a golpes coa porta. "Cuns topetazos tremendísimos. De feito, os veciños saíron á rúa, pero cando se deron conta [os ladróns] xa non estaban. Foi cuentión de minutos. Entraron directamente á caixa. Romperon a conexión cos ordenadores e en cuestión de minutos desapareceron. Tiraron todo ao paso e para sacar a caixa tiraron canto había. Fixeron pequenos danos. A min o que máis me afectou foi a impotencia e a raiba nese momento".

O libreiro di que o feito lle doe máis pola carga emocional e a inseguridade, o que fai que lle quite importancia á cuantificación dos danos.

"Iso para min, sinceramente, é o de menos. O que máis me doe é a impotencia e a raiba e a inseguridade que temos, porque por esta zona houbo máis; no bar Tabacos, nunha xoiería, e pregúntaste que está a pasar; ao mellor a seguridade cidadá non é tan boa como sospeitamos, porque son moitos seguidos en moi pouco tempo".

Onte á tarde dous individuos con navalla atracaron o estanco da Lavacolla. Arramplaron coa caixa dos cartos e con varios cartóns de tabaco. Segundo veciños da zona a policia efectuou pola noite unha amplo despregamento onda unha casa do lugar, supostamente, ante a sospeita de vinculación de algún residente con roubos realizados en Santiago nas últimas semanas.

Noticias web

31/12/2019