CRTVG

Buscar

Asaltan dúas casas no lugar de Toroño, en Culleredo, e levan un botín importante

Publicado o 30/10/2019 13:56

Unha vivenda situada no lugar de Toroño, no concello de Culleredo, foi a primeira en que o luns pasado entraron os ladróns. Desde alí pasaron á casa lindeira tras comprobar que a propietaria se ausentara.

Forzaron a ventá e entraron na vivenda sen facer máis estragos. Unha vez dentro, o seu obxectivo foron as xoias e os cartos.

Esther, a propietaria, asegura que a aldea é moi tranquila e xa pensa en reforzar as medidas de seguridade para evitar máis sorpresas desagradables.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019