CRTVG

Buscar

Asalta unha farmacia armado de navalla

Publicado o 15/04/2020 19:04


A Policía Nacional detivo en Vigo un home que intentara atracar unha farmacia da cidade armado de navalla. O arrestado, de 61 anos, entrou no establecemento e ameazou a empregada para facerse cos cartos. Asustouse cando outro traballador apareceu no local e fuxiu sen facerse co botín. Coas indicacións das testemuñas, os axentes deron con el. Ten 19 antecedentes por feitos semellantes.

Noticias web

15/04/2020