CRTVG

Buscar

Actividades no Miño para coñecer a biodiversidade no Día Mundial das Zonas Húmidas

Publicado o 02/02/2020 15:12

No Día Mundial das Zonas Húmidas, asociacións ecoloxistas do país organizaron diferentes actividades para concienciar da importancia que teñen estes ecosistemas tan ameazados nestes tempos. En Ourense coñeceron a rica biodiversidade do río Miño.

Observar as garzas na beira do Miño ao sol, antes de que voen axiña para o norte de Europa a criar, é un agasallo. E máis hoxe, día da Candeloria, no que din os contos que namoran os paxaros. Moitos atopan acubillo no Miño.

Unha rica fauna e flora fluviais que hoxe coñeceron en Ourense cunha ruta interpretada. As zonas húmidas son os ecosistemas máis ameazados do mundo, dende os anos 50 perdeuse o 60 por cento da súa superficie. A Aula da Natureza de Ourense, Amigos da Terra e Xeitura organizan esta actividade para provomer a conservación destes espazos naturais.

As zonas húmidas son fontes de auga e berces da biodiversidade. Indispensables para o planeta e a humanidade. Saber da súa importancia vital pode aumentar o compromiso para perservalos.

Noticias web

02/02/2020