CRTVG

Buscar

As xogadoras do Deportivo Abanca agardan que poida terminar unha temporada histórica

Publicado o 05/04/2020 18:41

Unha temporada histórica que quizáis non poida terminar. Para o Deportivo Abanca, pase o que pase, será un ano para a lembranza. Unha estrea na máxima categoría por riba de todas as previsións. O equipo adestrado por Manu Sánchez é o cuarto clasificado a falta de oito partidos. Para as xogadoras sería todo un pau non culminar o campionato ligueiro. Así o afirma Miriam Ríos, quen dí que a suspensión da liga sería unha mágoa, porque están facendo unha temporada moi bonita, a primeira temporada en primeira. E sería unha mágoa que se lembrara porque non se acabou a liga por ser suspendida. Pero pensa que o primeiro que ten que prevalecer sempre é a saúde, aínda que lles gustaría acabar esta temporada tan bonita.

Unha temporada complementada cunha grande actuación na Copa. O Deportivo foi eliminado polo todopoderoso Barcelona nos últimos segundos da prorrogación. O conxunto coruñés mostrou entón a súa categoría e unha condición física impecable que as xogadores intentan manter durante o confinamento. Miriam explica que Lucía, a preparadora física, está a facer un gran traballo dentro das posibilidades que ten cada unha. Porque unhas viven nun piso e outras teñen a posibilidade de ter céspede. No caso de que volvan cedo, pensa que chegarán nas mellores condicións do mundo.

Pois oxalá que as futbolistas do Deportivo Abanca poidan amosar toda a súa calidade completando unha campaña case inmellorable.

Noticias web

05/04/2020