CRTVG

Buscar

As viaxes en coche compartido volven ser posibles tras levantarse o estado de alarma

Publicado o 22/06/2020 14:06

A fin do estado de alarma permitiu o regreso ás estradas de empresas como Bla Bla Car. 

As viaxes en coche compartido volven con novos protocolos de seguridade e algunhas opcións máis. Entre elas, a posibilidade de que un só pasaxeiro ocupe os asentos de atrás.

Os desprazamentos en coche compartido volven ser posibles, aínda que agora cos novos protocolos de seguridade e hixiene.

Tras finalizar o estado de alarma e a volta da mobilidade entre provincias, as redes sociais de coche compartido reinician a súa actividade.

Os coches poderán ir con todos os asentos ocupados coma antes, pero agora empresas como Bla Bla Car ofrecen outras opcións de viaxe.

O negocio adáptase aos novos tempos, aínda que a empresa admite que non será fácil recuperar os niveis de actividade do ano pasado.

Noticias web

22/06/2020