CRTVG

Buscar

As vendas do sector industrial creceron en setembro esquivando a pandemia

Publicado o 24/11/2020 15:04

Durante o segundo trimestre do ano, o máis duro polo confinamento, a economía galega caeu case un 18 %, mentres que en España a caída chegou ao 21,5. O comportamento tamén é mellor nas vendas do sector industrial, que crecen un 10,5 por cento no mes de setembro, fronte á caída do 3,3 no territorio nacional.

A industria do metal, liderada pola automoción, ten un peso importante neste incremento. Tamén salienta o peso da industria agroalimentaria.

No último trimestre do ano só tres comunidades creceron nas vendas do seu sector industrial. Galicia ocupa o segundo posto, entre o País Vasco e Valencia.

Noticias web

24/11/2020